Adxuntamos o link coa Plataforma de Contratación do Sector Público onde ler os detalles da licitación deste bar de propiedade municipal. Un arrendamento por dez anos.
O contrato adxudicarase por procedemento aberto, no que toda persoa interesada poderá presentar unha proposición. Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase a dous criterios de adxudicación: un dependente dun xuízo de valor e outro dependente dun criterio automático.
Establécese o seguinte tipo mínimo de licitación que poderá ser mellorado á alza polos licitadores: 2.712€/ano, IVE excluído. O prezo do contrato será o que resulte da adxudicación. Manterase invariable durante a anualidade 2019, actualizándose a partir do 2020.