Levántase a suspensión de queimas

Concello de Muras | Levántase a suspensión de queimas |

A actual situación de alarma obrigou a establecer limitación ás queimas en terreos agrícolas e forestais polos riscos que poderían supoñer na eficacia das medidas sanitarias.

Pero os datos de evolución positiva da emerxencia sanitaria así como a incorporación de persoal de reforzo para a prevención e extinción de lumes, fai posible mudalo. Así se recolle no DOG do venres 8 de maio ao que podedes acceder premendo neste link.

Dende o luns 11 de maio pódense tramitar os permisos de queima. Para facelo pódese chamar ao teléfono 012 ou vía telemática na web queimasweb.xunta.gal.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais