Cita co teatro infantil este VENRES na CASA DO MÉDICO ás 19.00.
Chega “Latexos”, peza da compañía K’Paparota Teatro protagonizada pola actriz coruñesa Patricia Cameán e dirixida por Kevin Stewart.
Centrada na maxia das lendas tradicionais galegas, a través de historias aparecen elementos do imaxinario popular como os xentís, os pitiños de ouro e as vigas enterradas. Marionetas, monicreques e teatro con obxectos de mes, fan moi visual e dinámico un espectáculo pensado para nenos e nenas a partir dos 3 anos. Dura 45 minutos. Alí nos vemos!
*A obra forma parte do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Xunta.
