Participa de novo na Carreira polo Día mundial da Auga a favor de Níxer. Se lembrades, o ano pasado -e como parte da campaña de Unicef #GotasParaNiger-, axudamos a recadar 150€ xunto co CEIP Antía Cal, pero este ano temos que supernos! Porque van directos a mellorar instalacións de auga potable e condicións hixiénicas das zonas rurais deste país do Sahel africano.
A carreira será o 23 de marzo e sae ás ás 12:30 da Praza da Galeguidade.
Os pequerrechos terán un circuito para eles e os adultos farán unha ruta de 1 km.
As dorsais para a carreira e as pulseiras para facer a achega voluntaria pódense conseguir no Colexio de Muras, no Concello ou na Farmacia. Contamos con vos!?