Investigación sobre a propiedade dos montes da Gañidoira e Ximarás

Concello de Muras | Investigación sobre a propiedade dos montes da Gañidoira e Ximarás |

Coma sabedes, o  23 de novembro de 2017, o Pleno da Corporación acordou iniciar un expediente de investigación sobre a propiedade dos montes da Gañidoira e Ximarás. Solicitouse ao Catastro e ao Rexistro da propiedade os correspondentes informes sobre os testimonios que poseían sobre a titularidade das parcelas de cara a elaborar o estudo.

Informamos de que seguirase coa tramitación do procedemento previsto publicando no BOP de Lugo de onte día 30 de maio de 2018 (premendo o podedes ler), no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello, o acordo de iniciación do expediente de investigación. Premendo no link indicado tedes máis información.

 

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais