O Concello de Muras vén de firmar un convenio de colaboración con Koopera Servizos Ambientais e Cáritas diocesana de Mondoñedo-Ferrol para poder facelo. O colector vaise colocar mañá ao lado do Centro de Saúde para que veciñas e veciños que así o desexen depositen a roupa que non usen, no canto de tirala ao lixo común.
O proxecto de Cáritas abarca toda a península e chámase Moda- Re. Hai 3 cooperativas que corresponden ás tres plantas de separación e reciclaxe da roupa e a rede de tendas solidarias, así como todas as Cáritas diocesanas. Tedes aquí o convenio por se queredes velo.