Tras dos problemas xerados polo avance da vespa velutina en Galicia, a Xunta puxo en marcha un Programa de Vixiancia e Control en 2014 para minimizar a incidencia, fundamentalmente coa detección precoz de niños mediante avisos a través do 012 e 112 e o control e eliminación dos niños sempre que sexa posible.
Cada ano fóronse renovando os convenios entre Xunta e Fegamp (Federación Galega de Municipios), que representa aos concellos. E tendo en conta os bos resultados fíxose o mesmo en 2024: hoxe, a totalidade dos 313 concellos galegos están adheridos a dito convenio. Muras incluído.
As obrigas da Xunta son, entre outras, ter a disposición dos concellos un sistema de avisos que se canalizan polas chamadas recibidas no 012, informalos destes avisos xunto coa neutralización dos niños activos, cun tempo de resolución dun máximo de 5 días hábiles. Os concellos, pola súa banda, deben coordinarse coa Xunta nas retiradas destes niños de forma que cando se precise presten a súa colaboración, levando a cabo por medios propios as actuacións necesarias para facilitar os labores. A requirimento da Xunta ou por propia iniciativa.
Deixamos o Convenio 2024 entre a Consellería de Presidencia e a Fegamp para a vosa consulta.