Poderán optar ás indemnizacións persoas titulares de animais que se sacrifiquen ou morran por resultar reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose, leucose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos; ou pola presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.
Tamén de aves reprodutoras ou poñedoras da especie Gallus gallus e reprodutoras da especie Meleagris gallopavo, sacrificadas polo control de salmonela, de aves sacrificadas/mortas por mor da declaración oficial dun foco de influenza aviaria, de enfermidade de Newcastle, de porcos sacrificados/mortos pola declaración oficial dun foco de peste porcina clásica ou de peste porcina africana… Todos os detalles premendo no enlace e no documento adxunto.
NOTA: As explotacións incluídas nunha Agrupación de Defensa Sanitaria percibirán un incremento do 10% no importe da indemnización. As ganderías ecolóxicas terán un plus do 5%.
PRAZO PARA PEDILAS: ATA O 29/11/2024
Despois informamos DOUTRA LIÑA recén aberta de axudas para a contratación de persoas coidadoras en explotacións gandeiras, para pastoreo como medida preventiva dos danos que poida ocasionar o lobo. Hai un importe máximo de 18.000 euros de axuda por persoa beneficiaria. Sen superar a porcentaxe anterior, a máxima será de 1.500 euros por persoa e mes de pastoreo a xornada completa.
PRAZO PARA PEDILA: 09/02/2024