Ata o Concello de Muras achegaranse técnicos do proxecto de inserción no rural da Deputación de Lugo para explicar polo miúdo e resolver dúbidas sobre PRENDE! programa dirixido a menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e empadroados nos 58 concellos lucenses de menos de 5.000 habitantes (ou entre 5.000 e 10.000 con saldo demográfico negativo).
Os que se animen a participar recibirán formación e adquirirán experiencia laboral en actividades cun importante peso na provincia e cun gran potencial de crecemento: enerxías renovables, turismo, xestión forestal, e agricultura e gandería. Durante a formación, que durará 4 semanas, percibirán 14€ por día e no período de prácticas en empresas de 8 meses, un soldo mensual de como mínimo 900€. Aos interesados en emprender a Deputación outorgaralles 5.510€ para arrancar o seu propio negocio. A que esperades? Vémonos este venres ás 11:15! 🙂