Como sabedes o Campionato Galego de Rallys volverá esta fin de semana (venres 10 e sábado 11 de setembro) deixando en Muras a súa pegada co Rally Mariña Lucense. 66 equipos os que participarán nunha proba con centro neurálxico no norte da provincia de Lugo.
No monte de San Roque en O Viveiró foi a presentación á que asistiron onte, en representación do concello, o alcalde, Manuel Requeijo, e o tenente de alcalde, Mario Rouco.