Achegamos aos veciños de Muras para o seu coñecemento o enlace á ORDE do 29 de agosto de 2020 co Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en relación con illamentos e corentenas para prevención e control da infección polo SARS-CoV-2 + Instrucións para a tramitación dos procedementos sancionadores.
Como resumo explicamos que a Xunta imporá multas de entre 3.000 e 120.000 euros ás persoas que incumpran a obrigación de gardar corentena ou illamento por sospeita de contacto cun positivo en Covid-19. Considéranse agravantes os casos “en que a persoa rompa a corentena para acudir a eventos sociais multitudinarios, festas ou celebracións, establecementos abertos ao público” e calquera actividade que impliquen aglomeracións.
O escenario dun grao medio ou máximo de tal infracción, sería aquel en o que xa haxa alteración sanitaria probada, e entón a cantidade iría desde os 6.010,13 euros a 10.517,71; ou de 10.517,72 a 15.025,30 na escala superior. Xa se hai riscos sanitarios graves, a pinza iría desde 15.025,31 a 120.202,42 euros. As denuncias correrán a cargo das forzas de seguridade, o persoal sanitario e inspección da propia consellería e do Sergas.