Os xaponeses teñen un concepto para definir a satisfacción vital: ikigai,”o sentido da vida” ou “aquilo para o que fomos chamados”. Pero conflitos e dificultades son parte da vida. Sempre depende do que facemos con eles e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que che impulsa a seguir? Que fai que esperte o teu sorriso? Cal é o teu Ikigai? Sue Moreno e Maria Move levaron o merecido Premio do Público no Festaclown 2020 por este espectáculo de danza-circo 360º onde dúas personaxes crean mundos de fantasía.
Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo son os ingredientes. A maxia xorde coa comunicación co público. Vinde a velas este domingo 8 ás 5 da tarde na Veiga. E descubride o voso Ikigai!