Se vos gustan estas incribles e elegantes máquinas de dúas rodas non vos perdades a xuntanza que haberá diante dos xardíns do Concello de As Pontes, cita coa colabora tamén o Concello de Muras xutno con Clásicas Javier Gabeiras. Alí reuniranse o domingo 4 de agosto ciclomotores e scooters de máis de 25 anos. Despois, a concentración de motos chegará a partir das 12:00 á Praza da Galeguidade de Muras e estará alí sobre 1 hora, ata as 13:30 para desfrute de veciños e veciñas.
Se queredes PARTICIPAR tedes ata o 1 de agosto para inscribirvos nos teléfonos que vedes no cartaz, que recolle unha bonita imaxe de finais dos anos 50 dunha das concentracións moteiras daquela.