II Roteiro “Observación de cabalos PRG na serra do Xistral”

Concello de Muras | II Roteiro “Observación de cabalos PRG na serra do Xistral” |

?Aproveitade para facer esta fermosa ruta acompañados por guía, hai prazas limitadas. O sábado 19 de maio organízase este segundo roteiro coa colaboración de PURAGA.  A recollida das persoas inscritas será na praza do Viveiró ás 10:30 da mañá.

A RUTA

  1. Comezo no minibús ? , subida ao parque eólico do Leboreiro coa explicación das características da Serra do Xistral ? , explicación da situación do rural na zona, importancia do valor medioambiental e do labor do gando autóctono, ademais da observación da paisaxe, da fauna e da flora do sistema, parte da Rede Natura 2000.
  2. Baixada co minibús ou a pé se as condicións meteorolóxicas o permiten. Observación dos cabalos en estado semisalvaxe, e das greas de PRG no seu medio. Unha vez finalizada a ruta polo Xistral, haberá visita a outras zonas para ver outro gando.  De volta na praza do Viveiró, tocará unha merecida de gustación da carne de poldro PRG no “Casa Vituco- Picapán” con diferentes presentacións, acompañada de estupendos postres e café.

Para reservar: teléfono 981 500001 ou por Whatsapp  689 419722. PREZO: 15 euros por persoa.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais