Imos pola segunda cita para os e as amantes das bicicletas de montaña! Tras o éxito do ano pasado volvemos a convocala: 30 quilómetros pola nosa preciosa contorna e coa implicación de Clube Ciclista Terra Chá ademais do noso concello. Hai un máximo de 75 prazas, non perdades o tempo!
Anotarse á ruta custa 6 euros, e xa con comida incluída, 18 euros.
Vémonos 🙂