II Milla das Estrelas

Concello de Muras | II Milla das Estrelas |

Chega de volta esta carreira NOCTURNA que estreamos o ano pasado e que pecha o II Circuito de Carreiras Populares da Terra Chá. Tras facerse en Guitiriz, Riotorto, Begonte, A Pastoriza e Vilalba organízase agora no noso concello.

Será o 11 de setembro de 2026, e a primeira carreira comzará ás 21.00 coa categoría de Pitufos. A Praza do Concello é o punto de saída e chegada. Pódense consultar planos e tracks na WEB OFICIAL. A entrega de dorsais farase o mesmo día da carreira dende as 19.00 h. Este é o ENLACE para inscribirse a ela. Deixamos tamén abaixo o enlace co regulamento.

Cun PRAZO aberto ata o 8 de setembro de 2026 ás 23.59 h está coordinada por CCNorte, empresa lucense de servizos deportivos, organizada polo Concello de Muras coa colaboracións de varias institucións públicas e empresas.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais