O domingo 5 de novembro o Concello de Muras organiza xunto coa tenda de outdoor de As Pontes Galiorient e a Deputación de Lugo un trail running (xa sabedes: carreira por sendeiros a través do monte ?) con dúas distancias: 16 e 25 quilómetros. O percorrido será circular con saida e meta na área recreativa A Veiga. Estará marcado ❌ con cinta de balizamento e con sinais de dirección de plástico nos cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable. Este é o perfil en Facebook.
Premendo neste link á web ? de Tracktherace podedes inscribirvos e ter máis información sobre prezos, horarios, categorías, material… Tedes tempo ata o 2 de novembro. Aquí abaixo tedes o cartaz?. Correde a voz 😉