Homenaxe aos represaliados en Muras no 1936

Concello de Muras | Homenaxe aos represaliados en Muras no 1936 |

Este sábado 6 de xuño terá lugar na Praza da Galeguidade un acto de lembranza coa colocación dunha placa en recordo das oito vítimas asasinadas en Muras polo bando nacional ao inicio da Guerra Civil. Será ás 10.30 da mañá.

O acto enmárcase na iniciativa da Comisión Pro Memorial de Vítimas do Franquismo de Ferrolterra co apoio de historiadores como o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal. De feito o mesmo día haberá un acto en Viveiro (12.30 horas), e Ourol (11.30 horas). Nas placas, de aceiro inoxidable, lerase a frase: “En lembranza dos asasinados pola barbarie fascista o defenderen a legalidade republicana e as liberdades democráticas”.

A Comisión Pro Memorial de Vítimas do Franquismo de Ferrolterra (tamén estendida ás comarcas de Ortegal e o Eume) é un colectivo formado por familiares de represaliados, historiadores e activistas. O seu obxectivo principal é a recuperación da memoria democrática, a dignificación e o recoñecemento nominal de todas as persoas que sufriron a represión franquista na zona entre os anos 1936 e 1975.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais