??Xa temos cartaz e coidamos que non haberá decepcións!! ??
Do venres 29 de xuño ata o domingo 1 de xullo recibimos ao verán como cómpre ??. Comezamos cunha sardiñada ?? para ter despois verbena coa presenza do coñecidísmo músico basco Kepa Junquera presentando o seu novo traballo: FOK. O sábado 30 de xuño teremos á mañá pasarrúas co grupo de gaitas o Garabato dos Trasnos, misa e sesión vermú e á noite súper-concerto con Los Satélites e o Combo Dominicano! E o domingo máis!! Non volo perdades! ??