Fin de semana intenso en Muras

Concello de Muras | Fin de semana intenso en Muras |

Propoñémosvos un plan perfecto para unha fin de semana de verán! Ninguén dá maís por menos!! Primeiro unha ruta da cabalo coa “III Quedada do Cabalo Marchador“. Coa colaboración de Puraga (contactade co 692 258815 para ANOTARVOS), será das 16:00 ata ás 18:00. Ás 21.00 farase a entrega de premios no Local Social de Muras, cinco premios por categoría.

Se ademais queredes cear reservade por favor antes deste xoves 25.

Despois repetimos SESIÓN DE CINE ao aire libre, nunca mellor ca no verán! Desta volta será tamén este sábado ás 21:30 na Área de Autocaravanas do Viveiró para ver “O noso último verán en Escocia” (a imaxe de apertura é un fotograma da película). A historia dun matrimonio e os seus tres excéntricos e encantadores fillos. Un gran reencontro familiar tamén co avó que sumará malentendidos ata de que todos se decaten do que é realmente importante.

E, por se fose pouco, de novo outra noite gozando dos ceos de Muras. Non cómpre moverse porque será na mesma Área de Autocaravanas. Unha actividade para familias -que poden acampar ou non- e na que a proxección da película vai incluida. Comeza ás 20:00. Haberá unha charla de Marcos López e Paulino Gasalla e un obradoiro de fotografía. A cea corre a cargo das familias pero o almorzo, que é ás 9:30 de mañá, será xentileza da organización. Todo de balde!! Anotádevos no 982 500001 ou usando o QR.

FIN DE SEMANA COMPLETO EN MURAS!! Só faltades vos!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais