Un programa ben completo é o que temos! Grazas á Comisión de Festas e a todos os que colaboráchedes: Eventos Seiramar, Casa Típica de la Zona, Farmacia de Muras, Pizarras as Pontes….
Hai ruta cabalar organizada por ATILA que sae ás 10:00 da Área da Veiga con pinchos a media ruta. Ás 13:00 misa e despois a procesión. De seguido Sesión Vermú con Tania e o seu acordeón. Despois toca xantar popular, sobre ás 15:00: churrasco, callos, chourizo… 30 euros adultos e gratis para nenos ata 12 anos. Volta a música de Tania e ás 21:00 gran pancetada gratis, xusto antes de Gran Verbena Final co Grupo Fénix!!
Venta de Tickets: Bar Santi e Bar A Volta