Volven como cada ano as festas na honra á Virxe do Rosario. Organizadas pola Comunidade de Montes A Balsa, o Concello de Muras colabora con ela.
O sábado hai misa ás 13:30, despois procesión e sesión vermú. Á noite haberá verbena coas orquestras Estrellamar + New York!
O domingo a misa será ás 13:00 seguida da procesión e de novo sesión vermú na que, no campo cuberto con carpa, actuará o Grupo Fénix á tardiña. AQUÍ TEDES O CARTAZ.