FESTAS EN SILÁN-MURAS!

Concello de Muras | FESTAS EN SILÁN-MURAS! |

Se a fin de semana pasada foron ás do Rosario en A Balsa tocan agora as que se fan na honra de Santo Estevo e a Virxe de Fátima. Organizadas tamén pola Comunidade de Montes, o Concello de Muras colabora con elas.

O sábado 8 hai misa ás 13:00, despois procesión e sesión vermú coa Orquesta Acordes. Á noite chega a gran verbena de novo con Acordes+ Los Satélites.

O domingo 9 a misa será tamén ás 13:00, seguida da procesión. Despois de novo sesión vermú prolongada co acompañamento musical do Grupo Fénix, que estivo con nós a fin de semana pasada. CONTAMOS CON VOS! AQUÍ TEDES O CARTAZ.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais