Coindicindo cunha data tan especial como a de San Xoán esa tarde as actividades estarán enfocadas en lembrar costumes tradicionais da noite máis máxica de Galicia. Coa axuda das frores e plantas vencelladas a esta celebración do soslticio de verán enfocarase a sesión en realizar dinámicas de reminiscencia, laborterapia e ludoterapia, ademáis de algunhas sorpresas que sempre se gardan.
Na Casa do Médico ás 17:00 deste venres 23, invitámosvos a participar!