“Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar”. Serva esta estrofa dun fermoso poema da nosa admirada Rosalía coma pequena homenaxe a todas as mulleres que se levantan cada mañá loitando para sair adiante. E tamén de fondo agradecemento a aquelas que o tiveron moito peor e pelexaron polas seguintes xeracións. Mañá, 8 de marzo, é o Día da Muller Traballadora. Parabéns !!!