Feira Poldro 2019

Concello de Muras | Feira Poldro 2019 |

Deixamos polo de agora as bases e os requisitos para inscribirse nas carreiras de cabalos e no concurso de gando que se celebrarán na Feira do Poldro e do Gando de Monte, coma sempre na Gañidoira. Aquí tedes o cartaz:

Haberá dúas carreiras o día 22 de setembro: unha tradicional clasificada por alzadas e outra profesional dividida por razas equinas. PREMIOS: Os animais clasificaránse por alzadas: maior de 1,50 m. ou menor de 1,50 m. Os premios aos que aspiran os participantes da carreira tradicional son:

*Cabalos de mais de 1,50m. – 1º premio: 125 €
– 2º premio: 90 €
– 3º premio: 75,€

*Cabalos de menos de 1,50m. – 1º premio: 125 €
– 2º premio: 90 €
– 3ºo premio: 75 €

Os premios da carreira profesional correrán a cargo da asociación Jockey Club Galicia.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: A solicitude para a carreira farase no Concello de Muras cumprimentada entre o 6 de setembro ata a mañá do día 22 de setembro de 2019, dende a apertura da feira ata as 14:00 horas. No caso do concurso de gando, as gandarías participantes poderán cubrir a solicitude no Concello de Muras ou ben por correo electrónico. (administración@muras.gal) e entregala ata a mañá do día 20 de setembro. Tedes todo nos Docs e PDFs adxuntos de abaixo ?

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais