Este xoves 31 de outubro, imos facer unhas fotos divertidas de recordo e en grupo para celebrar o Samaín xunto co fotógrafo Marcos López, o que está canda nós nas citas de astrofotografía e que moitas veciñas e veciños xa coñecen.
Se queredes apuntarvos, tomade nota: quedamos na Ponte Bermuz -recén estrenada- ás 22:30 deste xoves. E tod@s levando unha saba clariña ou calquera anaco grande de tea branca para facer de PANTASMAS do xeito máis clásico, inconfundible e sinxelo. Cantos máis sexamos máis locido quedará !! 🙂