Malia que como todos e todas sabededes non puidemos celebrar a nosa Feira do Mel en 2020, sí que demos organizado a IV Cata do Mel o sábado 14 de novembro en O Viveiró. O gañador co Mellor Mel Monofloral foi José Antonio Permuy cun mel colleito en Ambosores (Muras) e a finalista cun Mel Monofloral de Queiroga foi Gemma Pena Rodríguez, colleito en Muras.
Se ben a entrega dos premios estaba prevista facela o venres 20 de novembro tivo que ser adiada pola situación sanitaria. Pero a vida sigue. Así que este venres 25 de marzo ás 17:00 e na Casa do Médico, faráselles entrega dos seus merecidos premios e diplomas aos dous. Será un acto privado organizado polo Concello seguindo os protocolos sanitarios.
Agradecidos polo bo traballo e a participación de todas e todos os nosos apicultores, os que seguen a facer cada vez máis forte este produto no noso concello. Esperemos que este ano xa poidamos facer unha entrega en aberto para que todos poidades velos e felicitalos.