O 23 de maio estará diante do edificio do Concello de Muras unha das unidades móbiles da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse alí para o seu procesamento, análise e conservación.
A colaboración de tod@s é vital para tratar de acadar as 500 doazóns que precísanse diariamente para axudar a centos de enfermos. Neste link podedes ver un vídeo. Recolle unha de tantas historias marabillosas arredor dun xesto tan sinxelo e que tanto vale.
LEMBRADE: a Unidade de Doazón estará o xoves 23 de maio de 16:30 a 18:30