A UNESCO celebrou onte 21 de febreiro o Día Internacional das Linguas Maternas. Con ese motivo, prográmase nos cines de Viveiro esta fin de semana a A palabra Xusta, o documental sobre a figura da pedagoga natural de Muras e gran defensora do uso do galego. Recolle as lembranzas da vida de Tita do Mesón, que regresa a Muras para manter unha conversa cos seus recordos a través das fotografías. Non vos perdades esta oportunidade.
Se queredes ir podedes recoller a vosa entrada nas oficinas do Concello. Será válida para unha das sesións: a do sábado ás 19:00 ou a do domingo á mesma hora. Tamén quedan prazas libres no bus para ir ata Viveiro pero lembrade reservar chamando ao 982 500001 ou nas oficinas do concello. O bus sae ás 18:00 e regresa a Muras sobre as 20:30.