Desde 2016 Muras ven concedendo achegas para subvencionar o pago da factura da luz do consumo doméstico dos veciños e veciñas e de pemes, xa van pola décima convocatoria como parte da #marcaMuras.
As contías aumentan ano tras ano e chegan a sufragar o consumo medio habitual nun fogar. A suba para este 2025 é considerable respecto a anos anteriores, cun incremento que xa acada os 700 €, o obxectivo é chegar ao gasto cero para a veciñanza, que solicita estas axudas en máis dun 90%.
SOLICITUDES E PRAZOS: pódense pedir desde o 1 de xullo e durante todo o mes. A solicitude pode presentarse a través da sede electrónica ou de forma presencial no Rexistro do Concello de Muras de luns a venres de 08:00 a 12:00 h.
As bases poden consultarse no B.O.P. do 11 de xuño de 2025. Nas contías das axudas houbo un erro no primeiro anuncio que xa foi solventado e pode consultarse no B.O.P. do 21 de xuño 2025. Podedes descargar aquí os distintos MODELOS de impresos:
Solicitude axuda da luz Liña 1
Solicitude axuda da luz Liña 2
Importe das achegas: