Declaración institucional no Día do Orgullo LGTB

Concello de Muras | Declaración institucional no Día do Orgullo LGTB |

Hai xa 30 anos, a Organización Mundial da Saúde suprimiu a homosexualidade da súa lista de enfermedades mentais. Malia as innegábeis mellorías desde entón, a realidade para o colectivo non mudou substancialmente en moitos países do mundo, e as persoas LGBT seguen a padecer discriminación pola orientación sexual ou identidade de xénero.

A homofobia e a transfobia son dúas formas de discriminación que non deben ter cabida por atentar contra a convivencia, o respecto para a diferenza e a diversidade, piares básicos de calquera sociedade democrática e plural. A Corporación Municipal de Muras recoñece publicamente que os dereitos das persoas LGTB son dereitos humanos e que a diversidade sexual debe contemplarse como un dereito básico en calquera ámbito da vida.

É importante sinalar que o período de confinamento imposto para frear a pandemia da COVID-19 Puido consecuencia o empeoramento da situación de moitas persoas LGBT ao se ver, en moitos casos, obrigadas a voltar para a casa onde podían padecer LGBTfobia familiar, cortadas da súa rede de apoio habitual. Ademais, por culpa da pandemia, este ano non van poder ter lugar as marchas e manifestacións do Orgullo LGBT do xeito habitual. Por esta mesma razón é imperativo seguirmos a visibilizar os obstáculos que enfrontan e poñer as ferramentas para axudalas. Resulta máis urxente ca nunca aproveitar o mes do Orgullo, e concretamente o Día Internacional do Orgullo LGTB que se celebra cada 28 de xuño, para visibilizalas como parte integral da nosa sociedade. 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete