Ao final destas liñas tedes o documento oficial do Consello da Xunta coa declaración da nosa Feira do Poldro e do Gando de Monte como de Interese Turístico de Galicia, do cal podemos parabenizarnos. A Declaración foi feita o 28 de marzo e o rexistro de entrada no concello foi o venres 12 de abril. O DECRETO 4/2015, do 8 de xaneiro, regula este tipo de declaracións. E os requisitos -que cumplimos- son:
a) Antigüidade: deberán ter no momento da solicitude unha mínima de vinte anos. As súas celebracións efectuaranse periodicamente e en datas facilmente determinables.
b) Singularidade: valorarase especialmente que sexa un reflexo da idiosincrasia da zona e poboación local e que, desde o respecto á tradición e costumes, presente innovacións nas edicións sucesivas que contribúan a enxalzar o evento.
c) Arraigamento popular e carácter participativo da poboación local, excluíndose aquelas festas orixinadas por simples intereses particulares ou comerciais.
d) A realización polas entidades organizadoras de accións promocionais suficientes para a atracción de correntes turísticas. En calquera caso, estas accións serán como mínimo 10 nas 5 últimas edicións.
e) Valor cultural: as celebracións dos eventos de que se trate xirarán arredor das manifestacións de interese e carácter cultural como son, entre outras, as artísticas, relixiosas, deportivas ou gastronómicas.
f) Continuidade no tempo. Entre a celebración dunha festa e outra non poderán transcorrer máis de catro anos, a non ser que sexa una festa cunha cadencia fixa que supere este prazo.