Curso gratuíto de Ofimática na nube para maiores de 45

Concello de Muras | Curso gratuíto de Ofimática na nube para maiores de 45 |

Comeza a finais de mes un curso para desempregados de longa duración e maiores de 45 anos organizado por NOA INNOVA. Financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta é conline sobre Ofimática na nube con Google Drive. Ademais inclúe un pequeno módulo de traballo en equipo e unha orientadora laboral que apoiará durante todo o itinerario formativo.

A duración é de 3 semanas e as prazas son limitadas. Organizaranse 4 grupos cun máximo de 10 participantes por grupo. Previsiblemente iniciarase co primeiro grupo a última semana de outubro, e iniciando os seguintes 3 días despois do inicio do grupo anterior.

As vantaxes de realizar o curso?

? Mellora da empregabilidade grazas á adquisición de coñecementos en competencias transversais moi demandadas polas empresas.

? Estar na bolsa de emprego de Noa Innova, con moitas empresas galegas de diferentes sectores empresariais.

? Difusión dos perfís profesionais dos participantes entre as empresas.

? Difusión a través das Redes Sociais, especialmente nas que teñen un carácter máis profesional, como é o caso de Linkedin, para facilitar e mellorar as posibilidades de contratación.

Se cumpres cos requisitos e estás interesado en participar no proceso de selección só tes que seguir as indicacións para formalizar a túa inscrición (lembra que as prazas son limitadas). Antes de comezar a cubrir o formulario, ten a man os seguintes documentos (xa que serán requiridos):

DNI✔️ + CV✔️ + DARDE✔️ (Documento de Alta e Renovación da Demanda de Emprego)

Unha vez localizados os arquivos, debes acceder ao formulario. Terás que completalo cos datos persoais, achegar os arquivos solicitados e cubrir unha proba de coñecementos en dixitalización. Unha vez que recibidos farase a selección analizando CV e coñecementos demostrados no devandito test. E contactarase mediante correo electrónico con todos comunicando se están admitidos no programa.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais