Baixo o título de “ESTRATEXIAS CONTRA O ABANDONO NO MEDIO RURAL” esta importante cita celebrarase do 17 ao 20 de xullo para un máximo de 50 alumnos na Casa da Cultura do noso Concello. Nela participarán expertos relacionados co sector primario, así como a poboación. Escolleuse ao noso concello para a celebración por ser un lugar onde se poñen en marcha iniciativas e actividades “atípicas e extraordinarias”. Está dirixido a todas as persoas con interese no tema.
Para saber en qué consiste, os horarios e quen acode, aquí tedes o DÍPTICO do curso.
Prazo de matrícula: do 9 de maio ao 6 de xullo. Premendo aquí podedes matricularvos.