Curso de serigrafía

Concello de Muras | Curso de serigrafía |

A ANPA do CEIP Antía Cal Vazquez de Muras organiza este orixinal curso de serigrafía. Nel cada participante poderá escoller un deseño que logo estampará mediante esta técnica de impresión, que usa unha malla tensada nun marco. O seu deseño quedará nunha camiseta, nunha taza e nunha mochila. O custe por persoa é de 45 €.

Ao longo desta semana todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello 982 500001 ou coa ANPA. Se hai un número mínimo de participantes, dende a ANPA fixarían día, hora e lugar de celebración do mesmo que se comunicaría a todas as persoas interesadas.

Apuntádevos! e non perdades a oportunidade de pasar moi bo rato e facer deseños propios de recordo, ou como agasallo. Achegamos o cartaz coa proposta.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais