Podedes ir anotando na axenda. Será durante ás tardes dos vindeiros 19, 20, 21 e 22 de agosto e abordarase tanto a bioloxía do enxame como a instalación do apiario e a saúde das abellas. Ademais dos seus prezados produtos, por suposto: mel, pole, xelea…
Está organizado pola Casa do Mel de Goente As Pontes, unha activa asociación de apicultores coa que colabora o Concello de Muras dada a importancia que ten este sector na nosa comarca.