📢 AVISO IMPORTANTE Á VECIÑANZA: Cortes intermitentes de tráfico 🚧
O vindeiro luns 21 de setembro está previsto iniciar os traballos de montaxe do aeroxerador nº 11 por parte de Iberdrola. Durarán un tres días, sempre que o tempo o permita.
⚠️ Afectación ao tráfico: 📅 Luns 21, martes 22 e mércores 23 de setembro.
Durante as manobras de montaxe e izado dos compoñentes, será necesario facer cortes intermitentes e puntuais na ESTRADA SITUADA NAS PROXIMIDADES DA PLATAFORMA (de Camiño de Leganitos a Piocorto). As restricións limitaranse ao tempo estritamente necesario para garantir a seguridade de todos.
🚗 Sinalización e alternativas:
Adxuntamos un croquis co tramo afectado para que poidades consultar📍 Agradecemos a vosa comprensión e colaboración.
