Xa foi PRESENTADA aos medios na área Recreativa A Veiga, que é onde se ven celebrando todos os anos. Alí haberá o sábado 24 de maio 24 POSTOS DE #ARTESANÍA DENDE AS 11:00 DA MAÑÁ, MÚSICA en directo para tódolos gustos e idades, CUN PECHE DE FESTA a man da mítica banda de folk galego Milladoiro e #OBRADOIROS para botar un día redondo. E POR SUPOSTO POSTOS PARA XANTAR.
Haberá, ademáis dos postos, xogos populares con Xotramu, exhibicións de talla en madeira a cargo de Borja Insua (e de regueifa do IES Basanta Silva; espectáculos e música con de Peter Punk e Brais das Hortas, Mekánica Rolling Band e Pakolas ademais dun taller de gravado de madeira e outro de elaboración de galletas para o público infantil.
O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, estivo acompañado na presentación pola deputada de Cultura, Iria Castro, a tenente de alcalde, Paula Gómez, a concelleira de Servizos Sociais, Azucena Camba, o artesán Marcos Ladra e as representantes da Asociación de Mujeres Rurais de Muras, Pilar e Fina Carballido Amor, que agasallaron ao concello co noso escudo tallado en madeira de castiñeiro. Este fermoso traballo será colocado nun sitio visible da sede do concello para que o vexa todo o que chegue. GRAZAS!!
