Será o sábado 26 de maio na área de A Veiga de Muras. Á espera de confirmar polo miúdo a programación, adiantamos que haberá mostra de artesanía, oficios, xogos tradicionais, charlas, gastronomía, música, baile e obradoiros varios.
Os músicos ? convidados para animar a cita son: dende Marín, Davide Salvado, os ourensáns O Sonoro Maxín, Axóuxere, Cé Orquestra Pantasma (detrás do nome está vigués César Freiria, músico apaixoado dos instrumentos musicais) e o Cuarteto Tradicional de Cántigas e Frores.
Graciñas a todos os colaboradores! ?