Luis Iglesia e Marcos Orsi, dous rostros ben coñecidos, farannos rir cunha reflexión cómica a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación. Neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns, mamá non se enteira, un mapa, un compás, un XPS…
Por un lado, os dous protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, o ano da famosa expedición rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escoita, o despiste mortal e as súas propias barbas, que non paran de medrar. E por outro lado, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela fazaña antártica. Vinde a velos este sábado as 10 da mañá!