Concello “Starlight”

Concello de Muras | Concello “Starlight” |

Dende o concello de Muras estase comezando a traballar para conseguir o selo Starlight, xa que temos un ceo que reúne excelentes condicións para os afeccionados e amantes da astronomía, sen contaminación lumínica. De feito, xa hai tempo que dende a Sociedade Galega de Historia Natural achéganse de noite a distintas localizacións do noso concello para contemplar o firmamento e sacar imaxes tan fermosas como a que compartimos, do colaborador e vogal da SGHN, Marcos López Alonso. 

A Fundación Starlight creou un sistema de certificación que acredita os espazos cunha excelente calidade de ceo e que representan un exemplo de protección e conservación. Son escenarios que incorporan a observación do firmamento como parte do patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científico e fomentan o “Turismo das Estrelas” aproveitando a visión do firmamento como ferramenta para un turismo sostible que coidamos moi interesante para Muras.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais