Cómo pedir os Bonos Impulsa

Concello de Muras | Cómo pedir os Bonos Impulsa |

Animamos dende o Concello a que veciños e veciñas pidades estes días os Bonos Impulsa da Deputación de Lugo. Abriu o prazo para facelo e TEDES ATA O 15 XULLO (PRAZO AMPLIADO, TEDE ESTE DE REFRENCIA, NA IMAXE DO CARTAZ INFERIOR APARECE O PRAZO ANTIGO). Xa están dados de alta tres establecementos do noso concello: Café Bar A Volta, Supermercado A Tenda e a Farmacia de Muras. Agora comeza a fase na que vos toca, como consumidores, aproveitar as vantaxes desta iniciativa. .

Na páxina web da Deputación de Lugo está o espazo no que os maiores de 18 anos empadroados na provincia poden pedir o desconto para gastar nos establecementos adheridos do seu concello. Hai habilitado o teléfono 982 260204 e o enderezo electrónico bonoimpulso@deputacionlugo.org para calquera dúbida que poida xurdir. A institución provincial reparte 17.000 descontos nominativos de 30€, para compras dun mínimo de 60€ a gastar en calquera comercio, negocio de hostalería e servizos ata o 31 de agosto deste ano. Cada beneficiario deberá  usar o seu Bono nos establecementos adheridos ao concello no que reside, no noso caso: Café Bar A Volta, Supermercado A Tenda e a Farmacia de Muras.

En cada concello hai un reparto equitativo dos bonos seguindo criterios como poboación, número de persoas en desemprego e o número de empresas dadas de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas).

AQUÍ DEIXAMOS UN RESUMO COS REQUISITOS E A TRAMITACIÓN.


O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais