Comezan os cursos de capacitación para o desmantelamento de instalacións industriais

Concello de Muras | Comezan os cursos de capacitación para o desmantelamento de instalacións industriais |

Están deseñados para axeitar perfís laborais aos postos de emprego que xerará este proceso. Danse tras o acordo asinado por Endesa coa Consellería de Emprego e o Concello de As Pontes para facer un programa formativo na contorna do peche da central térmica. Haberá 4 edicións do curso de Desmantelamento de instalacións industriais de 200 horas para 50 persoas por edición (do que informamos agora) e outras 4 edicións do curso de Operación e mantemento de centrais renovables de 90 horas para 25 persoas por quenda. Faranse entre 2024 a 2025 para un total de 300 beneficiarios.

MURAS é un dos concellos incluídos no Convenio de Transición Xusta polo que os veciños desempregados empadroados no concello teñen preferencia para acceder a eles. Son gratuítos e permiten, ademais de mellorar competencias, obter un certificado oficial para traballar como recurso preventivo en construción.

O curso de Desmantelamento de instalacións industriais está orientado a montaxe de estruturas tubulares, demolicións e rehabilitación, movemento de terras e instalacións eléctricas, cursos que serán certificados pola Fundación Laboral da Construcción.

PARTE TEÓRICA: nos locais Casa Dopeso das Pontes. 12 días. Quenda de mañá de 9.00 a 14.00 horas / quenda de tarde de 15.00 a 20.00 horas.

PARTE PRÁCTICA: nas instalacións municipais das Pontes. 23 días. Unha quenda de 9.00 a 18.00 con unha hora de descanso ao mediodía.

  • SGS: 986 49 43 60 es.vigo.Tecnos@sgs.com
  • Quirón Prevención: 639 032 861 inscripcionescursosdesmantelamiento@quironprevencion.com
  • Concello das Pontes: IPPEC (Oficinas Concello)  981 453116
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais