Xa temos o calendario organizado dende este luns 16 xaneiro ata o 16 de xuño. Todas as actividades serán de tarde agás a Ximnasia de Mantemento, son
de balde e nas instalacións do Local Social. Non desaproveitedes a oportunidade! de seguro que o voso corpo e a vosa mente agradecerávolo pasando, por riba, un bo rato.
(Calendario Actividades).
Poderes escoller entre Ximnasia de Mantemento (luns e mércores de 10.30 a 11.30) -moi boa para maiores ou persoas que realizan moi pouca actividade física e a única que será en horario de mañá-; o sistema de entrenamento Pilates (martes de 20.00 a 21.00); Zumba-Baile moderno (mércores de 20.00 a 21.00) e Entrenamento Funcional (xoves de 20.00 a 21.00), de moda entre deportistas por ser ximnasia de alta intensidade. Á tarde do venres toca judo (de 19.00 a 20.00), a arte marcial nipona para homes e mulleres, para rematar relaxándonos e estirando o corpo co milenario Ioga (de 20.00 a 21.00)
Para apuntarvos chamade ao teléfono do Concello: 982 50 00 01.