✔️ A Asociación Ecos do Sur está a organizar nos Concellos de Muras, Xermade e Ourol “Habita Rural”, un proxecto de intervención comunitaria financiado pola Consellería de Política Social para axudar a frear o despoboamento do rural, o abandono de terras produtivas e ofrecer unha oportunidade a persoas en bolsas de exclusión das cidades.
✔️ Muras, coñecedor desta realidade no rural -e en especial o que está a acontecer neste concello- e tendo en conta a boa colaboración que hai coa Consellería de Política Social (neste enlace tedes información sobre as subvencións concedidas para financiar este tipo de programas) decidiu colaborar no proxecto presentado por Ecos do Sur. E asinar o convenio que adxuntamos abaixo.
✔️ O noso concello comprométese a ceder espazos e banco de terras dispoñibles para as accións formativas. Tamén a espazos residenciais para o alumnado desprazado. O convenio, asinado o pasado 14 de abril, xurdiu efecto a partir desta sinatura polo prazo dun ano.
✔️As persoas son formadas seguindo un catálogo de oportunidades laborais estudadas nos concellos que inclúen turismo, hostalería, traballo no eido agrogandeiro e forestal, servizos para empresas e servizos a persoas. Tamén adxuntamos ese documento.