Coidados porta a porta

Concello de Muras | Coidados porta a porta |

A Consellería de Política Social puxo en marcha o PROGRAMA: COIDADOS PORTA A PORTA para persoas maiores de 55 anos. E estará visitándonos en Muras os días 24, 25 e 26 de outubro de 2022 na ÁREA RECREATIVA A VEIGA (luns, martes e mércores).

Presta de xeito GRATUÍTO, en unidades móbiles accesibles (plataforma elevadora) :

  • Servizo de prevención da xordeira: atención básica, informativa e de prevención.
  • Servizo de podoloxía: para a prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, e control de uñas).
  • Servizos de prevención do Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas: probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Teléfonos para cita previa ou pedir información: 622 748 283 – 623 546 992

Ou no mail: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais