Coche real na noite de Reis!

Concello de Muras | Coche real na noite de Reis! |

O sábado 5 de xaneiro, o carteiro real ? fará  parada en Muras!! Ven a recoller as cartas dos nenos e nenas que llas teñan preparadas para os Reis Magos. Chegará ás 12.30 para poder estar coa rapazada e marchará cargado de cartas ás 13.30. E non virá só, senón que o fará compañado de dous axudantes nun vehículo moi especial. O automóbil estrela de Nadal!

Así que xa sabedes, non volo podedes perder! Estarémolo esperando no Local Social de Muras dende ás 10:30 con inchables, xogos, música, manualidades ?✂e tamén tentempés que o concello ten organizados para o público infantil e xuvenil.

Festa rachada en Reis!!! Non faltedes!!! ???

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais