A Deputación de Lugo, na notificación colectiva de cobro de taxas municipais aos veciños publicado no BOP de hoxe venres 30 de maio, anuncia a cobranza, no caso de Muras, de DÚAS TAXAS: a de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos, e a de auga municipal e Canon Auga Xunta.
DATAS PAGO PERÍODO VOLUNTARIO: do 30 de maio ao 30 de xullo de 2025, ambos os dous incluidos.
Pode facerse en calquera oficina de ABANCA, “La Caixa”, Caixabank, BBVA, Banco Sabadell e Caixa Rural Galega en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, presentando documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes.
Tamén na Sede Electrónica da Deputación, Portal do Contribuínte, por delegación do Concello, que é o que envía o Padrón para o cobro. Ou mediante xiro postal. E poderase domiciliar para anos sucesivos.
ESTE É O ENLACE AO ANUNCIO: https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/30-05-2025.pdf#page=1