Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado.
Este venres 27 de agosto proxectamos da man de cinenarua.com este hilarante comedia con Xosé Touriñán como un dos protagonistas. Será ao aire libre, na área Recrativa de A Veiga e ás 22:00 da noite. Se queredes ir, chamade ao Concello e falade con Cristina, a educadora, para anotarse na lista que alí estará.
Con que deixedes o nome e apelidos e o teléfono móbil, chega.
Non vola perdades, risas garantidas!!